Rematou o curso de teatro e comedia impartido por Fran Rei no IES Val do Tea de Ponteareas

Despois de 20 intensas horas, este pasado mércores 15 de febreiro rematou o Curso de Teatro e Comedia que Fran Rei (Os Sete Magníficos máis Un) compartíu con quince alumnos e alumnas do IES Val do Tea de Ponteareas (Pontevedra)

O vindeiro luns 12 de marzo, @s participantes nesta actividade formativa farán unha demostración pública de fin de curso para alumnos, alumnas e mestres de 2º da ESO.

Se queredes ver unha breve reportaxe fotográfica do que deu de si este obradoiro, premede na seguinte ligazón: Teatro e comedia na biblioteca | BiblioTea.

O Curso de XOGO TEATRAL impartido por Fran Rei xunta a máis de 20 participantes no IES A SANGRIÑA

O curso de Xogo Teatral impartido por Fran Rei (Os Sete Magníficos máis Un) no IES A Sangriña de A Guarda (Pontevedra) esta fin de semana reuníu a 20 persoas.

Aquí tedes unha reportaxe fotográfica de infomiño.com do mesmo.

ESPECIAL – O XOGO TEATRAL REUNIU A MÁIS DE 20 PARTICIPANTES NO IES A SANGRIÑA * www.infomiño.com > Inicio:.infomiño.com~info~baixo~miño~galicia~españa~pontevedra~noticias~información~fotos~web~aguarda~orosal~tui~tomiño~oia~caminha~vilanovadecerveira~valença~dominho~festas~domonte~fiestas~delmonte~feiradoviño~SANTELMO~alivio~castros~exposición~deporte~ocio~turismo~cultura~conciertos~festivales~teatro~actuación~municipal~concello~asociación~baixomiño~portal~informativo~teatro~especialfotográfico~empresas~publicidad~anuncios~.:.

Fran Rei imparte un Curso de Xogo Teatral no IES A Sangriña (A Guarda)

Fran Rei compartirá un Curso de Xogo Teatral os días 10, 11 e 12 de febreiro cos alumnos e alumnas do IES A Sangriña de A Guarda (Pontevedra).

Neste obradoiro proponse o teatro como un xogo, buscando a través de diferentes dinámicas o achegamento dos/as participantes á arte dramática desde un punto de vista principalmente lúdico.

Esta será o cuarto curso consecutivo no que Fran Rei visita este activo centro de ensino do Baixo Miño e, como en ocasiones anteriores, a actividade está aberta tanto a alumnos/as como a mestres e mestras.

Iván Prado, Pedro Brandariz e Fran Rei no equipo de Risactiva

Os membros de Os Sete Magníficos máis Un, Iván Prado (director artístico), Pedro Brandariz (actor) e Fran Rei (actor e coordinador), forman parte do equipo de docentes dos cursos de Monitores/as da Risa da Escola Risoterapia.

Para obter máis información: http://www.risactiva.org

Curso Risactiva A Coruña: do 16 de marzo ao 13 de maio de 2012.

Curso Risactiva Santiago de Compostela: do 13 de outubro ao 2 de decembro de 2012.

Os Sete Magníficos máis Un pásanse ao Lado Escuro

Os Sete Magníficos máis Un participan no Concurso de Comedia de Luar.

Este venres 3 de febreiro Os Sete Magníficos máis Un pásanse ao Lado Escuro para participar no Concurso de Comedia do popular espazo da TVG Luar.

Faremos un extracto de 3 minutos (non nos deixan máis) do noso espectáculo O Gordo e o Calvo van ao Médico.

Agardemos que gostedes da nosa intervención no programa de X. R. Gayoso…

Programas | CRTVG.

Presentación Escola Risactiva

Risactiva: risas que  transforman o mundo

Risactiva é un proxecto que aposta pola RISOTERAPIA e a dinámica da risa desde un enfoque global e holístico, a través dun camiño directo ao corazón humano, onde estamos invitados a sentir, a expresar nun mundo de posibilidades e de creatividade.

Haberá dúas quendas: marzo, abril e maio en A Coruña e outubro, novembro e decembro en Santiago de Compostela.

Para máis información e inscricións preme a seguinte ligazón:

Risactiva – Galego.

mércores, 18 de xaneiro: Curso de Teatro e Comedia no IES Val do Tea (Ponteareas)

Este mércores 14 de xaneiro dá comezo o Curso de Teatro e Comedia que Fran Rei (Os Sete Magníficos máis Un) compartirá cos alumnos, alumnas, mestres e mestras do I.E.S. Val do Tea (Ponteareas).

O obradoiro levarase a cabo os mércores 18 e 25 de xaneiro e 1, 8 e 15 de febreiro, de 16.00 a 20.00h, e contará con 20 participantes da comunidade escolar do Instituto.

Con esta iniciativa procuraremos un achegamento ao teatro cómico e aos codigos básicos da comedia, así como a posta en escena de sketches cómicos. O obxectivo final deste curso será proporcionar aos participantes ferramentas teatrais para crear sinxelas escenas cómicas en torno á educación secundaria e universitaria que permitan unha reflexión e debate posterior entre o alumnado dos I.E.S. Val do Tea.

Fran Rei acude por segunda vez á chamada deste centro de ensino, tras unha primeira e moi satisfactoria experiencia en 2011 cando impartíu un Curso de Iniciación ao Clown.

Preséntase a Escola Internacional da Comicidade

Preséntase a Escola Internacional da Comicidade.

Galicia, do 1 de outubro ao 9 de novembro de 2012.

Toda a información e inscricións en www.escueladelacomicidad.org

Este proxecto nace con vontade de permanencia no panorama internacional de escolas teatrais centradas no humor. Xorde da necesidade de Antón Valén e Iván Prado (director artístico de Os Sete Magníficos máis Un), que deciden achegar a súa experiencia no campo do clown e o humor para se sumaren ao impulso inaprazable de xerar unha nova pedagoxía teatral que coloque o clown no centro da formación cómi

A Escola Internacional da Comicidade pretende ser un laboratorio capaz de xerar presenza escénica, verdade na actuación, efectividade creativa e comicidade. Así mesmo, pretende formar actores e actrices para que estean preparados para convencer a calquera público en calquera espazo teatral, xa sexa rúa ou teatro.

O obxectivo da Escola non é ensinar un camiño único da comicidade, senón xerar un espazo de formación e investigación que dá oportunidade para que o actor/actriz poida atopar cal é a súa propia ruta. Ademais, procura dignificar o traballo do comediante mediante unha formación baseada na experiencia e no estudo das diferentes expresións artísticas que conforman o universo do humor e o riso a través do teatro.

A escola ten dúas sedes, unha insular -Tenerife- e, outra peninsular -Galicia-, e realízase en dúas estacións diferentes, verán -Tenerife- e outono -Galicia-, para facilitar a asistencia dos e das estudantes ao curso de formación.

Picture