pedro brandariz e fran reiOs Sete Magníficos máis Un voltamos ao Concello de Ames para presentar o noso espectáculo Dous Pallasos en Apuros.

Despois da boa acollida que tivo esta producción cómica para público familiar na Casa da Cultura de Milladoiro no pasado mes de xaneiro, a compañía oficial do Festiclown tentará conquistar novamente a risa e a gargallada do público amiense coa súa aloucada e divertida proposta clown para toda a familia.

Será o vindeiro venres 9 de marzo, a partir das 18.30h, na Casa da Cultura de Bertamiráns. O prezo da entrada será de 4€ (2€ prezo reducido).